I TORNEO DE FÚTBOL SALA ASGALLA- CASTRELO DE MIÑO


I TORNEO  DE FÚTBOL SALA  

ASGALLA- CASTRELO DE MIÑO

  Hoxe martes ás 12:00 h. e no salón de actos de Aixiña, a Asociación  Ourensana de Esclerose  Múltiple, ELA, Pakinson e outras enfermedades neurodexenarivas (A.O.D.E.M), os representantes da Escola Base de Castrelo de Miño, xunto ós colaboradores do evento, foi presentado o “I TORNEO  DE FÚTBOL SALA  ASGALLA- CASTRELO DE MIÑO”, en beneficio da A.O.D.E.M. que se celebrará este sábado día 20 de Xuño no Pavillón Universitario Campus A Lonia. (Se adxunta cartel do Torneo) 

  No acto estiveron presentes o Alcalde de Castrelo de Miño, D. Xurxo Rodríguez Méndez e a súa Concelleira de Deportes Maribel Rodríguez Perdiz, a directora das Escolas Deportivas Enátali Fernández Guerra, por parte da A.O.D.E.M  Alberto Permuy (Socio), Pablo Domínguez Veloso co-propietario da Cafetaría "Asgalla" e José Julio Fernández Prol, Presidente do Sala Ourense 2014/Prolsport.
  Todos destacaron o valor deste tipo de iniciativas, nos que o deporte é un dos instrumentos máis válidos para o fomento de valores como a colaboración, a solidariedade, o compañerismo, etc.


  Este torneo nace do proxecto e do traballo que se está a facer, dende o Concello de Castrelo de Miño, cós nenos e nenas participantes nas escolas base de fútbol sala xunto a Asociación A.O.D.E.M. Para colaborar con dita Asociación, está aberta una conta na que o que queira aportar o seu grao de area  poderá facelo: 
La Caixa: ES77 2100 2767 0402 0001 0445
 Colaboran tamén nesta iniciativa a Cafetaría Asgalla, o equipo de F.S Sala Ourense 2014/ Prolsport (recién ascendido a Terceira División), o Maceda Clube Deportivo, a Universidade de Vigo e o Comité Galego de Árbitros.
 Animamos a todos a asistir a este evento que dará comezo ás 17:00 h. do sábado e rematará, có encontró en categoría senior masculino entre AODEM e Sala Ourense 2014/Prolsport, ás 20:00 h.



  

Comentarios